-
MetodoloxíaPresencial
-
Tipo de actividadeSeminario
-
Data inicio17/02/2027
-
Data fin17/02/2027
-
CertificaciónNo
-
Período de rexistro01/01/2027 - 16/02/2027
-
HorarioHorario de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas232
-
Tecnoloxías
- Cisco
- Ciberseguridade/Ciberseguridad
Este seminario presenta os principais modelos de deseño xerárquico de redes propostos por Cisco e a súa aplicación práctica nunha rede de campus. Ao longo da sesión, o alumnado analizará as funcións das capas de acceso, distribución e núcleo, así como as diferenzas entre os modelos de dúas e tres capas.
Mediante un caso práctico desenvolvido con Cisco Packet Tracer, as persoas participantes deseñarán e configurarán unha rede segmentada mediante VLAN, incorporando enlaces troncais e encamiñamento entre redes. Tamén aplicarán STP para evitar bucles en topoloxías redundantes, HSRP para proporcionar unha porta de enlace de alta dispoñibilidade e OSPF para intercambiar información de encamiñamento entre os dispositivos de capa 3. Finalmente, configurarase NAT/PAT no router de bordo para facilitar o acceso das redes privadas a unha rede externa.
A actividade combinará explicacións conceptuais, demostracións guiadas e traballo práctico. Deste xeito, o alumnado poderá comprender como se integran distintas tecnoloxías de conmutación e encamiñamento para construír redes escalables, modulares, resilientes e doadas de administrar.
Comprender os principais modelos de deseño de redes de Cisco e aplicar os seus principios no deseño, configuración e validación dunha rede de campus simplificada que proporcione segmentación, redundancia, encamiñamento dinámico e acceso a redes externas.
A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións. Tamén é de interesa para estudantes de graos universitarios de Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e outras titulacións afíns, así como de ciclos formativos de grao superior relacionados con Informática, Comunicacións e Redes, especialmente ASIR ou titulacións equivalentes.
O relator será FRANCISCO JAVIER NÓVOA DE MANUEL, da Universidade da Coruña, que colabora con ACADEMIA POSTAL no programa Cisco Networking Academy desde hai máis de 25 anos.
- Introdución ao deseño xerárquico de redes Cisco
- Segmentación da rede mediante VLAN
- Redundancia de capa 2 mediante STP
- Redundancia da porta de enlace mediante HSRP
- Encamiñamento dinámico mediante OSPF
- Acceso a redes externas mediante NAT/PAT
- Caso práctico integrador con Cisco Packet Tracer
-
Horas4
-
Beneficios
- Certificado de asistencia
-
Data inicio inscripción01/01/2027
-
Data fin inscripción16/02/2027
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia0
-
Horas presenciales4
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia0
-
Plazo abiertoNo