Da Estratexia á Execución con SAFe® Lean Portfolio Management

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    01/04/2027
  • Data fin
    01/04/2027
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/03/2027 - 31/03/2027
  • Horario
    Horario de 16:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • SAFe
Descrición

O próximo curso oficial de certificación SAFe® Lean Portfolio Management (LPM) celebrarase do 24 ao 27 de maio de 2027, con período de inscrición aberto do 1 ao 15 de abril de 2027.

Este seminario en liña permitirache coñecer en profundidade en que consiste esta formación, a quen vai dirixida, que competencias profesionais desenvolve e que pode achegar tanto ao teu crecemento profesional como á evolución da xestión da túa organización.

Nunha contorna onde a velocidade do cambio, a innovación e a incerteza son a norma, as organizacións necesitan reformular como conectan a estratexia coa execución. O marco SAFe® Lean Portfolio Management (LPM) ofrece unha resposta sólida e práctica a este reto, integrando principios de Lean Thinking e Agile para transformar a xestión do portfolio nun sistema orientado ao valor e á entrega continua de resultados.

Durante a sesión, Ángel Galán, SAFe SPC e SAFe® Premier Instrutor, autor e consultor con ampla experiencia en implantacións SAFe® en múltiples sectores, presentará os fundamentos do modelo LPM, a súa aplicación en contextos reais e o papel que desempeña a certificación SAFe® LPM no desenvolvemento de líderes capaces de xestionar a transformación a escala.

O seminario axudarate a comprender a relevancia do curso oficial de SAFe® LPM, a súa estrutura, os temas que aborda e os tipos de exercicios que se realizan durante a formación, explicando como cada un deles reforza a comprensión práctica do enfoque Lean-Agile na xestión de portafolios.

Obxectivos
  • Explorar os fundamentos do enfoque Lean Portfolio Management e como permite conectar estratexia, investimento e execución de xeito áxil.
  • Identificar os perfís profesionais e organizacionales que máis se benefician da adopción do modelo SAFe® LPM.
  • Comprender as competencias clave que se desenvolven no curso oficial e os beneficios de obter a certificación internacional SAFe® LPM.
  • Coñecer os contidos e estrutura do curso oficial, incluíndo unha descrición das dinámicas e exercicios que facilitan a aplicación práctica do modelo.
  • Analizar casos reais de implantación do enfoque Lean Portfolio Management en distintos sectores, os resultados alcanzados e as leccións aprendidas.
  • Axudar aos asistentes para decidir se esta formación é a adecuada para impulsar o seu desenvolvemento profesional ou a evolución da súa organización cara a unha xestión máis áxil e orientada ao valor.
Dirigido a
  • Directores de proxectos e responsables de PMO que desexen evolucionar cara a modelos de xestión baseados en valor e resultados.
  • Líderes de transformación, responsables de IT, estratexia ou innovación, interesados en conectar obxectivos estratéxicos con execución áxil.
  • Consultores, Agile Coaches e SAFe® Practitioners que buscan ampliar o seu coñecemento cara ao nivel de xestión do portfolio.
  • Profesionais que queiran valorar o seu interese en cursar a certificación oficial SAFe® Lean Portfolio Management, recoñecida internacionalmente.
Perfil do docente

O relator será  Ángel Galán, SAFe SPC e SAFe® Premier Instrutor, autor e consultor con ampla experiencia en implantacións SAFe® en múltiples sectores,

Temario
  • Introdución ao marco SAFe® Lean Portfolio Management
    • Contexto actual de cambio e necesidade de novos modelos de xestión.
    • Da xestión tradicional de proxectos ao enfoque Lean-Agile orientado a valor.
    • Principios fundamentais do LPM no marco SAFe®.
  • Elementos clave do Lean Portfolio Management
    • Estratexia e investimento: aliñación con obxectivos empresariais.
    • Portfolio Kanban: visualización e priorización de iniciativas.
    • Lean Budgeting e Participatory Budgeting: financiamento áxil.
    • Gobernanza Lean: medición e mellora continua do portfolio.
  • O curso oficial SAFe® Lean Portfolio Management (LPM)
    • Estrutura do curso (4 xornadas, 16 horas).
    • Principais bloques de contido e resultados de aprendizaxe.
    • Exercicios e dinámicas do curso: como axudan a aplicar os conceptos.
    • Exame e proceso de certificación oficial.
  • Aplicación práctica e casos reais
    • Experiencias de implantación do modelo en organizacións de diferentes sectores.
    • Obstáculos comúns e claves para o éxito.
    • Transformación dunha PMO tradicional cara a unha Value Management Office.
  • Próximos pasos e curso oficial – maio 2027
    • Datas, proceso de inscrición e condicións.
    • Recursos recomendados para a preparación previa.
    • Espazo final de preguntas e orientación personalizada.
  • Horas
    4
  • Data inicio inscripción
    01/03/2027
  • Data fin inscripción
    31/03/2027
  • Estado
    INICIAL
  • Horas distancia
    4
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No