Como converter un router Cisco nun firewall de filtrado dinámico con regras de inspección

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    21/04/2027
  • Data fin
    21/04/2027
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/03/2027 - 20/04/2027
  • Horario
    Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Cisco
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
Descrición

Este seminario presenta a operativa dos firewalls de filtrado dinámico de paquetes usando tecnoloxía Cisco clásica, concretamente mediante Context-Based Access Control (CBAC).

A actividade combinará unha introdución ao funcionamento dos firewalls de filtrado estático de paquetes utilizando ACLs que permitirá plantexar as súas limitacións, o que xenera a necesidade de regras de inspección de CBAC.

Presentarase un caso práctico desenvolvido mediante Cisco Packet Tracer, onde se proporcionará aos asistentes un escenario básico así como restricións de seguridade que deberán ser configuradas con estas Tecnoloxías.

Obxectivos

Comprender os principios de funcionamento do filtrado dinámico de paquetes con CBAC e adquirir as competencias básicas necesarias para configurar, verificar e diagnosticar un firewall básico en dispositivos Cisco, empregando Cisco Packet Tracer como contorno de simulación.

Dirigido a

A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións. Tamén é de interesa para estudantes de graos univesitarios de Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e outras titulacións afíns, así como de ciclos formativos de grao superior relacionados con Informática, Comunicacións e Redes, especialmente ASIR ou titulacións equivalentes.

Perfil do docente

O relator será FRANCISCO JAVIER NÓVOA DE MANUEL, da Universidade da Coruña, que colabora con ACADEMIA POSTAL no programa Cisco Networking Academy desde hai máis de 25 anos.

Temario
  1. Introdución aos firewalls de filtrado de paquetes: estáticos vs. dinámicos
  2. Fundamentos das Listas de Control de Acceso (ACLs)
  3. Limitacións das ACLs
  4. Configuración das regras de inspección de CBAC
  5. Aplicación nun caso de estudo
  • Horas
    4
  • Data inicio inscripción
    01/03/2027
  • Data fin inscripción
    20/04/2027
  • Horas distancia
    4
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No