Automatización de tarefas de configuración en dispositivos Cisco

  • Metodoloxía
    Virtual
  • Tipo de actividade
    Seminario
  • Data inicio
    24/05/2027
  • Data fin
    24/05/2027
  • Certificación
    No
  • Período de rexistro
    01/04/2027 - 23/05/2027
  • Horario
    Horario de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas
    232
  • Tecnoloxías
    • Cisco
    • Ciberseguridade/Ciberseguridad
Descrición

Este seminario presenta metodoloxía e ferramentas útiles para a automatización de configuracións en equipos de rede Cisco, especialmente orientadas á xestión de redes corporativas cun gran número de equipos.

Unha correcta xestión do inventario e das configuracións é esencial para o correcto mantemento dunha infraestrutura de rede, e as ferramentas de automatización simplifican o traballo dos técnicos e axudan a reducir os erros humanos.

A xornada consistirá nunha parte teórica e unha parte práctica que os asistentes poderán opcionalmente seguir de forma individual.

Obxectivos

Comprender o funcionamento de ferramentas de automatización de configuración e adquirir os coñecementos para a súa aplicación a entornos de rede corporativa, en particular do fabricante Cisco.

Dirigido a

Persoal técnico das áreas de informática e telecomunicacións, analistas e técnicos de rede, cun nivel de coñecementos similar a un Cisco CCNA ou superior.

Tamén pode resultar de interese para alumnos dos últimos cursos de grao ou ciclo superior de Informática ou Telecomunicacións.

Perfil do docente

O ponente da xornada será CARLOS TORRES, Enxeñeiro Informático e Máster de Ciberseguridade pola Universidade da Coruña, instrutor certificado de Cisco CCNP, e experto en deseño, xestión, operación e mantemento de redes corporativas. Carlos colabora con Academia Postal no programa Cisco Networking Academy.

Temario
  • Introdución ao modelo de configuración de Cisco IOS
  • Introdución a Ansible
  • Xestión de inventarios e configuración de dispositivos de rede
  • Exercicio práctico
  • Próximos pasos e melloras
  • Horas
    4
  • Data inicio inscripción
    01/04/2027
  • Data fin inscripción
    23/05/2027
  • Horas distancia
    4
  • Horas presenciales
    0
  • Horas teleformación
    0
  • Máximo horas de ausencia
    0
  • Plazo abierto
    No