-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio05/04/2027
-
Data fin09/04/2027
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónGH-300: GitHub Copilot
-
Data prueba selección16/03/2027 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/03/2027 - 15/03/2027
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a vernes de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas20
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- Microsoft
- IA
- Azure
GitHub Copilot é un asistente de programación baseado en intelixencia artificial xerativa que axuda a mellorar a produtividade, a calidade e a seguridade durante o desenvolvemento de software.
O curso permite adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para utilizar GitHub Copilot de maneira eficaz e responsable ao longo do ciclo de vida do desenvolvemento. Abórdanse as súas diferentes funcionalidades e contornas de utilización, a enxeñaría de prompts e a creación de contexto, o uso de Copilot para xerar, comprender, refactorizar, probar e revisar código, así como as súas capacidades de traballo mediante axentes.
Tamén se estudan a arquitectura e o tratamento dos datos, as opcións de privacidade, as exclusións de contido, as medidas de protección e os aspectos necesarios para administrar e utilizar GitHub Copilot de maneira segura dentro dunha organización.
A formación está orientada á preparación da certificación oficial GitHub Copilot (GH-300).
- Comprender os fundamentos de GitHub Copilot e a súa aplicación ao desenvolvemento de software.
- Utilizar GitHub Copilot de xeito responsable, tendo en conta os principios e riscos asociados á intelixencia artificial xenerativa.
- Utilizar as distintas características e modalidades de interacción dispoñibles en GitHub Copilot.
- Aplicar técnicas de enxeñería de prompts e creación de contexto para obter resultados máis precisos e útiles.
- Utilizar GitHub Copilot desde a contorna de desenvolvemento, Github.com e outras interfaces compatibles.
- Aplicar GitHub Copilot a tarefas de xeración, explicación, refactorización, depuración e documentación de código.
- Utilizar Copilot para xerar e mellorar probas de software.
- Utilizar as funcionalidades de modo axente e outras capacidades agentic para desenvolver e modificar aplicacións.
- Aplicar GitHub Copilot a procesos de revisión de código e pull requests.
- Comprender como GitHub Copilot procesa o contexto e os datos.
- Configurar opcións de privacidade, exclusións de contido e medidas de protección.
- Identificar opcións de administración e personalización de GitHub Copilot en contornas corporativas.
- Preparar os coñecementos e competencias avaliados no exame oficial GH-300.
- Desenvolvedores e desenvolvedoras de software que queiran incorporar GitHub Copilot ao seu fluxo habitual de traballo.
- Profesionais DevOps que utilicen GitHub e ferramentas de automatización do ciclo de desenvolvemento.
- Administradores e profesionais técnicos responsables da adopción ou xestión de GitHub Copilot en organizacións.
- Profesionais con experiencia nunha ou varias linguaxes de programación que queiran mellorar a súa produtividade mediante ferramentas de desenvolvemento asistidas por intelixencia artificial.
- Persoas interesadas en preparar a certificación oficial GitHub Copilot GH-300.
Microsoft Certified Trainer con experiencia acreditada en desenvolvemento de software, GitHub e prácticas DevOps, con coñecementos avanzados no uso de GitHub Copilot e ferramentas de desenvolvemento asistidas por intelixencia artificial. Deberá dispoñer de experiencia en programación, xestión de repositorios GitHub, integración de GitHub Copilot en contornas de desenvolvemento e aplicación de boas prácticas de seguridade, privacidade e uso responsable da IA. Valorarase experiencia docente e certificación oficial relacionada con GitHub.
Módulo 1: Uso responsable da intelixencia artificial con GitHub Copilot
Módulo 2: Introdución a GitHub Copilot
Módulo 3: Enxeñaría de prompts e creación de contexto
Módulo 4: GitHub Copilot nas diferentes contornas de desenvolvemento
Módulo 5: Funcionalidades avanzadas de GitHub Copilot
Módulo 6: Desenvolvemento baseado en axentes
Módulo 7: Produtividade no ciclo de vida do desenvolvemento
Módulo 8: Probas con GitHub Copilot
Módulo 9: Revisión de código e pull requests
Módulo 10: Datos e arquitectura de GitHub Copilot
Módulo 11: Administración, privacidade e protección
Módulo 12: Preparación para a certificación GH-300
-
Horas20
-
Beneficios
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
-
Data fin renuncia20/03/2027
-
Data inicio inscripción01/03/2027
-
Data fin inscripción15/03/2027
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia20
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia3
-
Módulos
- Módulo igualdade (5 horas)
-
Plazo abiertoNo