-
MetodoloxíaPresencial
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio10/05/2027
-
Data fin14/05/2027
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónITIL4 Specialist: Drive Stakeholder Value
-
Data prueba selección16/04/2027 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/04/2027 - 15/04/2027
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas16
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- ITIL
O módulo ITIL® 4 Specialist: Drive Stakeholder Value está deseñado para profesionais de TI que fomentan as relacións coas partes interesadas para valor conxuntamente. Beneficia a calquera persoa que xestione customer journeys, experiencias ou expectativas dos clientes.
- Xestionar eficazmente ás partes interesadas clave.
- Construír relacións de confianza.
- Dar forma á demanda do cliente.
- Incrustar pensamento de deseño efectivo (Design Thinking).
- Optimizar a experiencia do usuario e a experiencia do cliente.
- Prepararche para o exame de certificación ITIL® 4 Specialist: Drive Stakeholder Value.
O curso está dirixido a profesionais de TI, xestores/as de servizos e responsables de relación con clientes ou usuarios/as que participan na creación, mantemento e mellora do valor compartido entre os provedores de servizos e as súas partes interesadas.
O perfil ideal inclúe xestores/as de contas, responsables de experiencia de cliente (CX), xestores/as de nivel de servizo, consultores/as de negocio, responsables de marketing de servizos e líderes de equipos de soporte ou atención ao cliente.
Este curso é especialmente axeitado para profesionais con certificación ITIL® 4 Foundation que desexen avanzar cara a niveis superiores do marco, adquirindo as competencias necesarias para xestionar relacións efectivas, definir expectativas realistas, deseñar percorridos de cliente e maximizar o valor dos servizos dixitais.
Tamén resulta de grande interese para quen busca fortalecer a colaboración entre TI e negocio, mellorando a confianza, satisfacción e co-creación de valor con clientes, socios e usuarios finais dentro do ciclo completo de vida do servizo.
Instrutor acreditado por PeopleCert para a impartición do curso ITIL4 Specialist: Drive Stakeholder Value
Módulo 1: A viaxe do cliente
O concepto de viaxe do cliente
Deseño e mellora da viaxe do cliente
Módulo 2: Mercados, consumidores e porveedores
Os consumidores de servizo e as súas necesidades
Os provedores de servizo e as súas ofertas
Mercados e mercadeo
Módulo 3: As relacións de servizo
Tipos de relacións de servizo
Como construír e manter relacións baseada na confianza
Preparación mutua e madurez da relación
Relaciones con socios e provedores
Módulo 4: Demanda e oportunidades
Xestión da demanda e as oportunidades
Xestión de requisitos do cliente
Deseño de ofertas de servizo e experiencias de usuario con servizos dixitais
Venda e contratación de ofertas de servizo
Módulo 5: Acordar servizos
Planificar e acordar a co-creación de valor
Negociar o acordo de servizo
Módulo 6: Onboarding e offboarding
Planificar o onboarding
As relacións cos usuarios
Canles para involucrar a usuarios e entregar servizos
Habilitar ao usuario para o uso do servizo
Mellora mutua de capacidades
Offboarding de usuarios e clientes
Módulo 7: Creación conxunta de valor
A mentalidade centrada no cliente
As interaccións cos usuarios
Comunidades de usuarios
Módulo 8: Realizar o valor do servizo
O valor do servizo en diferentes contextos
Dar seguimento á realización de valor
Avaliar e informar a realización de valor
Realización de valor e mellora continua
Realización de valor para o provedor de servizo
-
Horas20
-
Beneficios
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
-
Data fin renuncia20/04/2027
-
Data inicio inscripción01/04/2027
-
Data fin inscripción15/04/2027
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia0
-
Horas presenciales20
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia3
-
Módulos
- Módulo igualdade (5 horas)
-
Plazo abiertoNo