-
MetodoloxíaPresencial
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio30/11/2026
-
Data fin04/12/2026
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónScrum Master - Scrum Manager, Authority Level 150
-
Data prueba selección09/11/2026 17:30:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro24/10/2026 - 08/11/2026
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDe luns a vernes de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas20
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- Scrum Manager
Este curso ofrece unha formación práctica e completa sobre o rol do Scrum Master en contornas áxiles, seguindo os principios de Scrum Manager. A formación permite comprender e aplicar Scrum como marco para a xestión áxil de proxectos, prestando especial atención ao liderado de equipos, á facilitación de procesos e á colaboración orientada á entrega de valor.
A través de casos prácticos e dinámicas participativas, as persoas participantes adquirirán as habilidades necesarias para impulsar a adopción de metodoloxías áxiles, xestionar impedimentos e favorecer o cumprimento dos valores e principios de Scrum.
O curso aborda tanto os elementos estruturais do marco —roles, artefactos e eventos— como os principios e valores que permiten adaptar a súa aplicación ás características reais de cada organización, avanzando cara a equipos autoorganizados e modelos de traballo colaborativos. Está orientado así mesmo á obtención da certificación Scrum Master - Scrum Manager, Authority Level 150.
Ao finalizar a formación, as persoas participantes serán capaces de:
- Comprender a orixe, os principios e as técnicas que inspiran Scrum.
- Diferenciar Scrum doutros enfoques e marcos utilizados na xestión de proxectos.
- Comprender os roles, artefactos e eventos que forman parte de Scrum e a finalidade de cada un deles.
- Interpretar Scrum como un marco baseado en principios e valores e non unicamente como un conxunto de prácticas.
- Analizar os principais desafíos asociados á implantación de Scrum nunha organización.
- Comprender a necesidade de evolucionar Scrum cara a modelos colaborativos e escalados cando o contexto organizativo o requira.
- Adaptar as prácticas e os roles de Scrum ás características da organización.
- Favorecer a autoorganización dos equipos mediante a aplicación dos principios de Scrum.
- Facilitar a colaboración e a entrega de valor dentro de equipos áxiles.
- Preparar os coñecementos necesarios para a obtención da certificación Scrum Master - Scrum Manager, Authority Level 150.
- Profesionais interesados en liderar equipos áxiles e mellorar a xestión de proxectos mediante Scrum.
- Persoas que estean iniciándose ou queiran consolidarse no rol de Scrum Master.
- Líderes e responsables de equipos.
- Xefes e xefas de proxecto.
- Desenvolvedores e desenvolvedoras.
- Analistas de negocio.
- Profesionais que participen en proxectos e queiran especializarse en metodoloxías áxiles.
- Persoas interesadas en mellorar a colaboración, a autoorganización e a entrega de valor dentro dos seus equipos.
Profesional con titulación mínima de Ciclo Formativo de Grao Superior relacionada coa materia e en posesión das certificacións oficiais aplicables á formación.
Deberá acreditar experiencia profesional de polo menos cinco anos relacionada coa aplicación real das materias impartidas e unha experiencia docente mínima de 3.000 horas relacionada coa materia. Así mesmo, deberá dispoñer de competencias de liderado, comunicación, desenvolvemento de persoas, xestión do tempo, resolución de problemas e traballo interpersoal.
Módulo 1: Introdución
- Axilidade.
- O Manifesto Áxil.
- Evolución dos modelos de xestión de proxectos.
- Diferenzas entre enfoques preditivos e adaptativos.
- Prácticas, principios e valores.
- Diferenciación entre a aplicación mecánica de prácticas e a adopción de principios áxiles.
- Contexto e fundamentos de Scrum.
Módulo 2: O ciclo Scrum
- Comprometidos e implicados.
- Estrutura e funcionamento do ciclo Scrum.
- Roles.
- Responsabilidades dentro do equipo.
- Colaboración entre os diferentes roles.
- Artefactos.
- Función dos artefactos dentro do marco Scrum.
- Transparencia e xestión do traballo.
- Eventos.
- Finalidade dos diferentes eventos.
- Inspección e adaptación.
- Medición e estimación áxil.
- Estimación do traballo.
- Seguimento do progreso.
- Aplicación de métricas en contornas áxiles.
- Aplicación práctica dos elementos do ciclo Scrum.
Módulo 3: Principios e valores Scrum
- Principios de Scrum.
- Valores de Scrum.
- As persoas e os seus roles.
- Autoorganización.
- Responsabilidade e colaboración.
- Liderado dentro do equipo áxil.
- Artefactos desde a perspectiva dos principios Scrum.
- Eventos e a súa contribución á inspección, adaptación e mellora continua.
- Adaptación de Scrum ao contexto organizativo.
- Prácticas para flexibilizar Scrum.
- Evolución cara a modelos colaborativos.
- Desafíos habituais na implantación de Scrum.
- Aplicación de Scrum baseada en principios fronte á aplicación ríxida de prácticas.
-
Horas20
-
Beneficios
- Diploma de asistencia
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
-
Data fin renuncia26/11/2026
-
Data inicio inscripción24/10/2026
-
Data fin inscripción08/11/2026
-
Horas distancia0
-
Horas presenciales20
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia3 horas
-
Módulos
- Módulo igualdade (5 horas)
-
Plazo abiertoNo