-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeCurso
-
Tipo de ediciónEdición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
-
Data inicio09/12/2026
-
Data fin18/12/2026
-
CertificaciónSí
-
Examen certificaciónCertified Information Systems Security Professional (CISSP) - ISC2
-
Data prueba selección16/11/2026 00:00:00
-
Criterio de selección
- Proba técnica presencial no CNTG en Santiago de Compostela
-
Período de rexistro01/11/2026 - 15/11/2026
-
MatrículaGratuíta
-
HorarioDo 9 ao 11 de decembro de 16:00 a 21:00, do 14 ao 18 de decembro de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas16
-
Número de inscritos0
-
Tecnoloxías
- Ciberseguridade/Ciberseguridad
- ISC2
A certificación Certified Information Systems Security Professional (CISSP) está orientada a profesionais con experiencia en ciberseguridade que necesitan adquirir unha visión integral da seguridade da información, combinando coñecementos técnicos, organizativos, de xestión e de goberno.
A formación aborda a xestión da seguridade e do risco, a protección de activos, a arquitectura e enxeñaría de seguridade, as comunicacións e redes, a xestión de identidades e accesos, a avaliación e probas de seguridade, as operacións de seguridade e a seguridade no desenvolvemento de software.
O curso proporciona unha preparación estruturada para afrontar os dominios que conforman o Common Body of Knowledge de ISC2 e está orientado á preparación do exame oficial Certified Information Systems Security Professional (CISSP).
- Comprender e aplicar os principios de goberno, xestión de riscos e cumprimento asociados á seguridade da información.
- Xestionar adecuadamente os activos e a información ao longo do seu ciclo de vida.
- Comprender os principios de deseño e arquitectura de sistemas seguros.
- Aplicar controis de seguridade a redes e comunicacións.
- Deseñar e xestionar modelos de identidade e control de acceso.
- Planificar e desenvolver procesos de avaliación, auditoría e probas de seguridade.
- Xestionar as operacións de seguridade, a resposta ante incidentes e a continuidade de negocio.
- Integrar a seguridade no ciclo de vida do desenvolvemento de software.
- Relacionar os distintos dominios de seguridade dentro dunha estratexia global de protección da organización.
- Preparar os coñecementos e competencias avaliados no exame oficial CISSP.
- Profesionais de ciberseguridade con experiencia que necesiten ampliar a súa visión técnica e de xestión.
- Responsables e xestores de seguridade da información.
- Arquitectos e enxeñeiros de seguridade.
- Consultores e especialistas de ciberseguridade.
- Profesionais responsables de goberno, risco e cumprimento.
- Profesionais que desexen preparar o exame oficial CISSP.
Profesional con experiencia acreditada en ciberseguridade e seguridade da información, con coñecementos avanzados en goberno e xestión de riscos, arquitectura de seguridade, redes, identidade e acceso, operacións de seguridade, avaliación e probas e seguridade do software. Deberá dispoñer de experiencia práctica en contornas empresariais e coñecemento do corpo de coñecementos e dos dominios da certificación CISSP.
- Módulo 1: Seguridade e xestión de riscos
- Módulo 2: Seguridade de activos
- Módulo 3: Arquitectura e enxeñaría de seguridade
- Módulo 4: Seguridade de comunicacións e redes
- Módulo 5: Xestión de identidades e accesos
- Módulo 6: Avaliación e probas de seguridade
- Módulo 7: Operacións de seguridade
- Módulo 8: Seguridade no desenvolvemento de software
- Módulo 9: Preparación para a certificación CISSP
-
Horas35
-
Beneficios
- Opción gratuita dun exame de certificación oficial
- Diploma de asistencia
-
Data fin renuncia07/12/2026
-
Data inicio inscripción01/11/2026
-
Data fin inscripción15/11/2026
-
Horas distancia35
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia6 horas
-
Módulos
- Módulo igualdade (5 horas)
-
Plazo abiertoNo