-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeSeminario
-
Data inicio16/11/2026
-
Data fin16/11/2026
-
CertificaciónNo
-
Período de rexistro01/10/2026 - 15/11/2026
-
HorarioHorario de 16:00 a 20:00 horas.
-
Número de prazas232
-
Tecnoloxías
- Google Cloud
- IA
Este seminario presenta a evolución desde o uso de modelos Gemini ata a construción de aplicacións e axentes de IA capaces de acceder a datos empresariais, utilizar ferramentas, manter contexto e executar tarefas de maneira coordinada. Estudaranse os fundamentos de RAG, embeddings, Vector Search, function calling, memoria e planificación, así como o desenvolvemento de axentes con Agent Development Kit (ADK) e o deseño de arquitecturas multiaxente. Finalmente, analizaranse os principais aspectos necesarios para levar estas solucións a produción: seguridade, guardrails, avaliación, observabilidad, custos e supervisión humana.
Proporcionar aos participantes os coñecementos necesarios para deseñar e comprender aplicacións intelixentes baseadas en Gemini e Google Cloud, integrando datos corporativos mediante RAG, ferramentas externas, memoria e axentes especializados. Ao finalizar, poderán identificar os compoñentes dunha arquitectura de IA axéntica, expor fluxos multiaxente e avaliar os requisitos técnicos, de seguridade e de operación necesarios para despregar estas solucións en contornas reais.
Nivel: intermedio / técnico
Recomendado a desenvolvedores, arquitectos cloud, data engineers, ML engineers, profesionais IT e estudantes de perfís tecnolóxicos.
O relator da xornada para impartir por PUEDATA, que ostenta a figura de Partner oficial de Google Cloud, en colaboración co CNTG, sera Mauro Benedetto Pazienza, Senior training Google Specialist de PUE DATA, con mais de 20 anos de experiencia en formacion e consultoria IT en areas como administracion, desenvolvemento e big data, Mauro esta actualmente enfocado na imparticion de cursos oficiais en Google Cloud e Cloudera en toda Europa.
Traballou como formador en empresas internacionais como Telecom Italia, Bea System, Oracle University e finalmente para Cloudera University que lle concedeu como instrutor oficial de PUE, o premio Best Instrutor EMEA FY17 e FY18, ademais de ser recoñecido como best instrutor Google Cloud 2019 para EMEA.
1. Arquitectura dunha aplicación GenAI moderna
• Gemini.
• Prompts e contexto.
• System instructions.
• Structured Output.
• Function Calling.
• Tools.
• APIs.
• Multimodalidad.
2. Conectar Gemini con datos empresariais
• Grounding.
• Embeddings.
• Vector Search.
• Retrieval-Augmented Generation.
• Recuperación de información.
• Citación de fontes.
• RAG fronte a fine-tuning.
3. Construción dunha solución RAG end-to-end
• Inxesta de documentos.
• Chunking.
• Xeración de embeddings.
• Retrieval.
• Prompt augmentation.
• Xeración de respostas.
• Avaliación da calidade da recuperación.
4. Do modelo ao AI Agent
• Diferenza entre chatbot, asistente e axente.
• Reasoning e planning.
• Tools.
• Function Calling.
• State.
• Sessions.
• Memory.
• Agent Development Kit.
• Agent Runtime.
5. Arquitecturas multiagente
• Axente orquestrador.
• Axentes especializados.
• Delegación de tarefas.
• Comunicación entre axentes.
• A2A.
• Fluxos de traballo agentic.
• Cando utilizar varios axentes e cando evitalo.
6. Levar os axentes a produción
• Guardrails.
• Prompt injection.
• Seguridade.
• IAM.
• Avaliación.
• Observabilidad.
• Logging e tracing.
• Custos e latencia.
• Human-in-the-loop.
• Gobernanza de aplicacións GenAI.
-
Horas4
-
Data inicio inscripción01/10/2026
-
Data fin inscripción15/11/2026
-
Horas distancia4
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia0
-
Plazo abiertoNo