-
MetodoloxíaVirtual
-
Tipo de actividadeSeminario
-
Data inicio03/03/2027
-
Data fin03/03/2027
-
CertificaciónNo
-
Período de rexistro01/02/2027 - 02/03/2027
-
HorarioHorario de 16:30 a 20:30 horas.
-
Número de prazas232
-
Tecnoloxías
- Cisco
- Ciberseguridade/Ciberseguridad
Este seminario presenta os fundamentos e o funcionamento das redes privadas virtuais baseadas en IPsec, facendo especial fincapé no emprego de IKEv2 para a negociación segura das asociacións de seguridade e das claves criptográficas.
A actividade combinará unha introdución teórica cun caso práctico desenvolvido mediante Cisco Modeling Labs Free. Os participantes deseñarán e configurarán unha VPN IPsec site-to-site entre dúas redes remotas, verificarán o establecemento do túnel e analizarán os principais parámetros e mensaxes que interveñen na negociación IKEv2 e na protección do tráfico.
Comprender os principios de funcionamento das VPN IPsec con IKEv2 e adquirir as competencias básicas necesarias para deseñar, configurar, verificar e diagnosticar unha VPN site-to-site sobre dispositivos Cisco, empregando Cisco CML Free como contorno de simulación.
A xornada está especialmente dirixida a persoal técnico das áreas de informática, electrónica e telecomunicacións. Inclúense neste perfil os analistas e administradores de sistemas, operadores e administradores de rede, así como técnicos de operación e mantemento do ámbito de redes e sistemas. En xeral, estudantes ou profesionais TIC con intereses relacionados coas redes de telecomunicacións. Tamén é de interesa para estudantes de graos universitarios de Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e outras titulacións afíns, así como de ciclos formativos de grao superior relacionados con Informática, Comunicacións e Redes, especialmente ASIR ou titulacións equivalentes.
O relator será FRANCISCO JAVIER NÓVOA DE MANUEL, da Universidade da Coruña, que colabora con ACADEMIA POSTAL no programa Cisco Networking Academy desde hai máis de 25 anos.
- Introdución ás redes privadas virtuais
- Fundamentos da arquitectura IPsec
- Protocolos e mecanismos de seguridade de IPsec
- Negociación de asociacións de seguridade mediante IKEv2
- Deseño dunha VPN IPsec site-to-site
- Configuración da VPN en dispositivos Cisco
- Implementación do escenario con Cisco CML Free
- Verificación e diagnóstico do túnel VPN
- Análise do tráfico e resolución de incidencias
-
Horas4
-
Data inicio inscripción01/02/2027
-
Data fin inscripción02/03/2027
-
EstadoINICIAL
-
Horas distancia4
-
Horas presenciales0
-
Horas teleformación0
-
Máximo horas de ausencia0
-
Plazo abiertoNo